top of page

Xogo online, a nova adicción do s. XXI?

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 2 nov 2020
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 22 jun 2021

O 20% dos mozos españois fan un uso compulsivo de Internet.

Iste porcentaxe é superior na prevalencia de consumo que outras substancias aditivas.


O 27 de Outubro vimos de participar dende o Servizo de Prevención de Adicións do Concello de Lalín, na webinar "Mozos e intervención en adicións sen substancia" realizada pola UNAD.


Esta preocupación polo uso das novas TICs ven da man da realidade que se está a observar nos últimos anos. O crecemento dun mercado e unha industria do xogo cada vez máis forte.


Desde que se legalizou o xogo en 1977, podía facerse uso do bingo, casino e máquinas "tragamoedas". Éstas últimas, eran as responsables do 80 ao 90 % dos casos de ludopatía. Esta realidade está a cambiar coas novas tecnoloxía. As caracetrísticas adictivas destas son as mesmas: existe unha inmediatez na recompensa e están baseadas en programas de razón variable o que incrementan a emisión das condutas aditivas.


A industria do xogo emprega cada vez estratexias de márketing dixital máis eficaz. Freceuentemente facilitando o uso con bonos e outras das estratexias como son os préstamos rápidos, nalgúns casos cun 2035% de intereses. E é que o xogo online ten unha accesibilidade alarmante, xa que se pode acceder dende o teléfono móvil, en calquiera momento e en calqueira horario.


Son cada vez máis os mozos que acceden con afan de gañar diñeiro fácilmentene ou que comezan o apostar como un xeito de divertirse en grupo. Os datos aportados polos profesionais da área de adicións ao xogo do Hospital de Bellvitge, amosan un novo perfil de mozos con problemas de xogo, con 19 anos cun uso de ano e medio aos xogos de apostas, que deben cantidades de diñeiro que roldan os 2000€ de media.


Temos moito aprendido dende o campo das adicións, agora ben non podemos actuar tarde.





Commenti


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page