top of page

Os menores ante as novas tecnoloxías. Beneficios e riscos.

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 2 jun 2021
  • 2 Min. de lectura


Escola de Familias “Máis que un teito. A familia como motor de cambio. Educar no esforzo e na responsabilidade”.

Este venres 4 de xuño ás 20:00 levarase a cabo charla PRESENCIAL no Salón Teatro do Auditorio Municipal:

- Os menores ante as novas tecnoloxías. Beneficios e riscos. (Seguridade nas redes)

Relator: J. Eugenio Torres Meira (Experto universitario sobre delitos cibernéticos).

*Por motivos de aforo, resérvanse inscricións a través do correo: jorge.novoa@lalin.gal ou no teléfono: 986787060


Experto Universitario en Investigación sobre Delitos Cibernéticos. Diplomado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) como especialista en privacidade e seguridade nas redes sociais. Diplomado polo Centro Nacional de Excelencia en Ciberseguridade (CNEC), como especialista na análise de evidencias dixitais. Responsábel do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra. Poñente do Centro de Estudos Xurídicos do Ministerio de Xustiza. Profesor da Academia Galega de Seguridade Pública. Ampla experiencia como relator en diversas conferencias, charlas, foros e mesas redondas impartidas e dirixidas a profesionais de diferentes ámbitos e sectores, destacando as de Educación, Sanidade, Investigación e Poder Xudicial, así como educadores, pais, titores e mozos. Colaborador do Departamento de Enxeñaría Telemática, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo en varios Proxectos, entre eles: Desenvolvemento da plataforma “Vicus”, deseñada para a localización da pornografía infantil a nivel mundial a través de redes P2P. Desenvolvemento de "Twicus": ferramenta para a análise e detección do ciberacoso en Twitter, presentada no III Congreso Nacional de I + D en Defensa e Seguridade. Participa como Investigador no Proxecto de Innovación para a Inclusión Educativa e Social da Universidade de Vigo, “Sentidiño na rede”, que ten como obxectivo proporcionar ás familias vinculadas ao proceso educativo, información relevante e ferramentas útiles para que os mozos poidan funcionar con seguridade en Internet, aproveitando o mellor de Internet e coñecendo e minimizando os riscos e consecuencias do uso indebido da mesma.




Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page