Sinais de Alarma
- Aquelar Lalín
- 4 ene 2021
- 2 Min. de lectura

Segundo a enquisa realizada ás nais e pais de nenos en idades escolares comprendidas entre 5º de EPO e 4º da ESO, a preocupación sobre o posible consumo de drogas ilegais nos seus fillo/as é importante. O 47,4% dos enquisados manifestan que é algo que lles preocupa moito.

As enquisas sobre o consumo destas substancias ilegais, indican que o a idade de inicio están entre os 14´3 e os 15´4 anos (ESTUDES 19). Por exemplo, no caso do Cannabis, a substancia ilegal máis consumida, indica esta mesma enquisa que o 29´2% dos mozos e o 25´9% das mozas o consumiron nos últimos 12 meses. Os estudos de consumo de substancias observada nos últimos anos, manifestan unha tendencia de inicio cada vez máis precoz respecto a anteriores edicións.
Por este motivo, é conveniente que as nais e pais das mozas e mozos recoñezan algúns sinais de alerta que poden darse, no caso de que os seus fillos estén comezando a consumir algunha substancias aditiva.
¿Qué cambios poden sinalar un consumo?
Segundo o Plan Nacional Sobre Drogas do Ministerio de Sanidade:
Cambio brusco no coidado e aseo persoal.
Trastornos do sono con insomnio e/ou pesadelos e tremores.
Perda de peso ou apetito excesivo.
Diminución do rendemento escolar ou abandono dos estudos.
Illamento físico, tendencia a illarsena súa habitación.
Diminución da comunicación verbal e afectiva.
Empobrecemento do vocabulario.
Abandono de afeccións e intereses.
Cambios bruscos de humor.
Perda de responsabilidade.
Outos signos que nos poden dar sinales de alerta son: dicir mentiras ou roubar constantemente, gardar en segredo sobre as chamadas telefónicas, ter amigos que non queren que coñezas ou dos que non queren falar, contestar con evasivas cando se lles pregunta onde estiveron, ollos roxos, pupilas dilatadas, arrastrar palabras, olleiras e tos.
¿Qué facer no caso de sospeita ou evidencia de consumo?
Hai que
Dialogar.
Dar a importancia xusta
Crer o que se ve
Compartir a preocupación
Confrontar
Supervisar sin presionar
NON se debe
Xulgar
Dramatizar
Negar la evidencia
Ocultar información
Encubrir
Abafar con reproches
No Concello de Lalín dispoñemos dun Servizo de Prevención de Adicións. Ademais de programas de información e asesoramento, conta con programas se prevención a nivel familiar que serven de intervención nos casos que se detecten o consumo dalgún membro. Outros servizos aos que tamén se poden acudir en busca de información, asesoramento, e/ou intervención, son os centros de atención primaria, servizos sociais e /ou servizos especializados. Podes atopalos no Mapa de Recursos web.
Kommentare