top of page

Cambio de Sentido

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 28 jul 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 4 nov 2021




Segundo datos da DGT, España un dos países europeos con maior taxa de accidentes de tráfico.


Os accidentes de tráfico son a 1ª causa de mortalidade en mozos entre 15 e 29 anos; o 80% dos accidentes débense ao factor humano. O alcohol está implicado entre o 30 e o 50% dos accidentes mortais, o que o converte no principal factor de risco na condución.


Este programa de prevención, desenvólvese en colaboración coas autoescolas lalinenses Autes, Autoescola Lalín e Autoescola Clik. A iniciativa ten como obxecto a prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos e está orientada á prevención de consumo de substancias na mocidade que está en vías de obter o permiso de conducir.


As charlas dirixidas polo técnico responsable do servizo municipal de Prevención de Adiccións, Xurxo Novoa pretenden mellorar a información en relación aos riscos, incrementar a percepción de vulnerabilidade persoal derivada tras o consumo de alcohol ou outras drogas e promover actitudes máis seguras. Para iso empréganse ademais gafas de simulación dos efectos de consumo de alcohol e varias substancias como cannabis, LDS, etc.

É na época estival onde máis mozos se dispoñen a sacar o permiso, e tamén onde é máis frecuente o consumo de alcohol nos entornos de ocio.




Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page