top of page

“Saúde na Escola”

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 14 dic 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 22 feb 2021

Programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo


A partir de xaneiro comezarán a impartise en varios centros educativos de Lalín o programa “Saúde na escola” enmarcado no proxecto AQUELAR II do Servizo de Prevención de Adicións.


Dito programa ten por obxectivo modificar as crenzas e actitudes dos alumnos ante as drogas, así como reducir o seu consumo e a intención de consumir no futuro.

A poboación destinataria será o alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria, de entre 5 e 18 anos.

A idade escolar constitúe unha época rica en cambios e decisiva na maduración, en que se van adquirindo hábitos e modelos de comportamento sobre os que se pode incidir con certa facilidade.


Resáltase que é preciso previr dende as idades máis temperás, só deste xeito podemos garantir a maior eficacia destas intervencións, baseadas na teoría cognitiva condutual de Bandura. Segundo este modelo existe un determinismo recíproco entre a conduta, os factores cognitivos e outros persoais e as influencias ambientais.


Estamos coordinándonos cos equipos directivos e de orientación para que se inscriban neste programa da Dirección Xeral de Prevención de Condutas Aditivas da Xunta de Galicia, que leva a cabo o Servizo de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Lalín.

Os centros educativos dispoñen de recursos humanos altamente especializados para o desenvolvemento de tarefas pedagóxicas e de estruturas organizativas e materiais para a implementación destes programas. É de agradecer a implicación dos docentes porque son eles os primeiros axentes de cambio e quen teñen maior relevancia en todo este traballo.

Comentarios


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page