top of page

Que é a Prevención das drogodependencias?

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 26 oct 2020
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 4 ene 2021



PREVIR

  1. É anticiparse á aparición dun problema, significa coñecer cales son os factores que o provocan e intervir sobre eles. No caso das drogodependencias, previr significa actuar a múltiples niveis, xa que existen moitos factores que poden favorecer o consumo de drogas, tanto na propia sociedade como no individuo.

  2. É educar, porque se trata de promover desenvolvemento integral da persoa e de favorecer o seu proceso de maduración, para que o contacto coas drogas, si se produce non leve ao abuso ou a dependencia delas. A escola, polo tanto, ten un importante papel que xogar.

  3. Para conseguilo haberá que intervir desde idades temperás co fin de fomentar estilos e hábitos de vida saudables que actúen como elementos de protección fronte ao uso indebido de substancias.

  4. Non é unicamente informar sobre as substancias, os riscos do seu consumo e as súas consecuencias. A información, con ser moi importante non é suficiente. De feito moitos programas de prevención baseados na información fracasan por non recoller outros elementos importantes que están na raíz do consumo.

  5. É fomentar o desenvolvemento de habilidades e recursos persoais que reforcen o adolescente e o fagan menos vulnerable fronte as presións que exerce o contorno para estimular o consumo de substancias (os seus amigos, outras persoas de referencia, os medios de comunicación, a sociedade...).

  6. É reforzar a autoestima do/da neno/a, a confianza en si mesmo e a súa capacidade para tolerar a frustración e mellorar o control emocional, de forma que a súa motivación por conseguir metas vaia máis alá do inmediato e permita un esforzo continuado.

  7. É fomentar alternativas de ocupación do tempo libre que axuden a elixir estilos de vida saudables, incompatibles co uso de drogas.

26/10/2020 - Guía de Prevención das Drogodependencias, Plan Nacional Sobre Drogas.

Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page