top of page

Mapa de Recursos WEB

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 14 dic 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 22 feb 2021

¿Sei a onde acudir no caso en que detecte que o meu fillo ten un problema de adición?

Enquisa a nais e pais. Lalín, Outubro de 2020.


Dende o Servizo de Prevención de Adicións ponse en marcha un conxunto de ferramentas dixitais que pretende dar visibilidade a este servizoe facer máis accesíbel a información sobre os recursos especializados en adicións, así como información relativa ós programas, actividades, e dotar dunha comunicación permanente sobre o traballo que se desenvolve dende o Proxecto Aquelar II.


A WEB AQUELAR aquelar.lalin.gal conta cun Blog, que se actualiza frecuentemente con información sobre substancias, pautas educativas, estratexias, consellos... para informar sobre a problemática aditiva. A información é moi importante pero a prevención consisteenalgo máis. Deste xeito tamén se dan a coñecer os programas que demostran unha evidencia científica, que se levan a cabo en diferentes ámbitos: educativo, familiar, xuvenil...


Tamén conta cun Mapa dos Recursos, especializados e xerais onde se atenden as demandas relacionadas coas adicións, explicando cal é o circuíto asistencial. Con este mapa de recursos facilítase a busca dos centros de atención de adicións, tanto a nivel local como nacional a través da plataforma do Plan Nacional Sobre Drogas. Observamos que case a metade dos pais non saberían a onde acudir no caso de detectar que un fillo poida ter problemas de adición. Este ferramenta intenta servir de canle de información. Por iso é importante que coñeza.


Tamén se conta con outras Redes Sociais en Facebook que permiten ademais de visualizar o recurso, compartir campañas de sensibilización, artigos... Son ferramentas que poden parecer menos formais pero son igualmente útiles, e serven de canle coas persoas que o desexen.



Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page