KACHARELA
- Aquelar Lalín
- 21 jun 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 22 jun 2021
Moitas gracias á revista ecolar A KACHARELA por deixarnos participar nesta edición 2021. Os que desexedes mercala, terédela recén saída do forno nos principais puntos da vila. Noraboa polo traballo ao alumnado do IES LAXEIRO de LALÍN.

Na actualidade é normal ver a nenos e adolescentes conectados permanentemente a diferentes dispositivos: tableta, móbil, ordenador, videoxogos... converténdose na súa principal forma de ocio.
Estudos durante a pandemia mostraron un incremento na corentena dun 15,2% que empezaron a usar videoxogos e un 68,9% que aumentou o seu uso de internet.
Estas novas tecnoloxías non son algo negativo en si mesmo, pero si poden chegar a selo si se lles da un mal uso ou se fai un uso abusivo.
As nais e pais tamén detectan esta tendencia e preocúpalles que isto poida ter consecuencias negativas nos seus fillos. Un 75% dos proxenitores de Lalín manifestan que lles preocupan o uso dos seus fillos coas *TICs. O 4% chega a afirmar que o seu fillo ten un problema, e o 15% cre que é probable que o teña.
Commentaires