ESCOITANDO Á MOCIDADE DE LALÍN
- Aquelar Lalín
- 10 may 2021
- 1 Min. de lectura
Obradoiro sobre a pandemia con alumnos de 4º da ESO do I.E.S. Laxeiro.

O venres 7 falamos con alumnos do CPR Sagrado Corazón e o luns 10 foi a quenda do IES Laxeiro.
Estas xornadas foron organizadas xunto coa casa de Xuventude de Lalín.
Nestes obradoiros tivemos ocasión de escoitar aos máis novos sobre como se senten despois dos cambios aos que nos vimos obrigados pola pandemia.
Os mozos e mozas refiren que se sentiron inxustamente culpados e tratados como irresponsables. Unha maioría tamén informa que nos seus fogares non soen preguntarlles que tal se senten, aínda que si manteñen que en ocasións se sentiron mal. Manifestan que tralo confinamento se sentiron como se estivesen "desaproveitando o tempo", con malestar sin saber identificar moi ben o porqué dese malestar. Sentíronse máis "aburridos" ou viron como as actividades que antes lles gustaban deixaban de aportarlles gratificación. Pasaron a xogar máis a videoxogos, aínda que a maioría di que xa non lles gusta xogar como antes, que agora lles aburre máis ou que xogan simplemente para pasar o tempo. De cara o futuro non teñen unhas expectativas claras.
Comentários