Desenréd@te! Unha aposta pola prevención comunitaria. Adicción ás novas tecnoloxías e xogo online.
- Aquelar Lalín
- 10 may 2021
- 3 Min. de lectura
Actualizado: 2 jun 2021

Relator: Antonio Rial Boubeta
Convidados: Luís Fernando Pérez, orientador do IES Ramón Mª Aller Ulloa, a Dra. Mª Gloria Reboredo, pediatra do Centro de Saúde de Lalín, Xurxo Novoa, Técnico de Prevención de Adicións do Concello de Lalín e José Manuel González, representante da ANPA do CEIP Xesús Golmar, que ademais de ser pai é enxeñeiro en telecomunicacións e docente.
A canle de Youtube do Concello de Lalín acolleu na tarde noite do venres o segundo dos relatorios da “Escola de Familias” que dentro do proxecto Aquelar organiza a concellería de Sanidade do Concello de Lalín en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Pontevedra. Un relatorio titulado “Desenré@te! Unha aposta pola prevención comunitaria” que contou como principal poñente a Antonio Rial Boubeta, experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da saúde, e como convidados a María Reboredo, pediatra no Centro de Saúde de Lalín; José Manuel González, membro da ANPA do CEIP Xesús Golmar e a Luís Fernando, orientador do IES Ramón Mª Aller Ulloa).
Ao longo do relatorio, puxéronse sobre a mesa datos dunha enquisa realizada entre a comunidade educativa lalinenses polo servizo de prevención de adicións do Concello que revelou datos como que:
O 4% dos pas/nais consideran que o seu fillo/a ten un problema de adición ás TICs.
O 15% cuestionase que o poida ter.
Por orde de preocupación de máis a menos, os pais estiman que os elementos que máis lles inqueda son por esta orde:
Videoxogos
Teléfono móbil
Redes sociais
e por último Xogos de aposta.
O 50% dos enquisados teñen normas para xestionar o uso das TICs nos seus fillos/as.
Datos que revelan o interese das nais e pais na materia das TICs é a utilización que de ela fan os cativos. Ao longo da conferencia, o profesor Rial apuntou que “temos que ser quen de coñecer e integrar a tecnoloxía e internet nas nosas vidas, non demonizala” pero sempre tendo en conta “a vulnerabilidade dos menores fronte aos riscos que supoñen”.
Rial definiu este tema como unha das principais problemáticas na convivencias nas familias e expuxo cuestións como que en Galicia “máis de 20.000 adolescentes teñen risco de uso problemático ou adición ás TICs (máis no sexo feminino). Unha utilización compulsiva que “xera trastornos de ansiedade, depresión, acoso escolar ou ideación suicida”.
Incidiu Rial que este mal uso das TICs “tamén se relaciona con problemas de saúde mental, sedentarismo, trastornos do sono, trastorno de alimentación, hipersexualizacion da infancia e adolescencia, cosificación especialmente das mulleres, e mesmo dá lugar a novas formas de delito (sexting, grooming e ciberbullying)”.
O profesor en psicoloxía incidiu en que “como sociedade temos a obriga de protexelos cativos”. E alertou de que un “uso problemático de internet está asociado a un maior risco de consumo de alcol e cannabis”.
Sobre os videoxogos advertiu que hoxe en día son “a canle de ocio máis importante” e que máis do 50% dos adolescentes teñen “adición ou risco dela (maior prevalencia en varóns)”. Entre os 7 videoxogos máis vendidos, algúns como GTA, Call of Duty e Red Dead Redemption (PEGY 18) inclúen violencia, linguaxe inadecuado, discriminación, drogas, medo, xogo en liña e sexo. Dous dos citados están entre os 5 máis consumidos por adolescentes de entre 12-14 anos, co que arroxa o dato de que 2 de cada 3 mozos usuarios destes xogos incumpren o PEGY para o que foron creados. Ademais, citou a casuística dos Free to play-Pay to win, nos que pagas para subir de nivel, que son dos máis aditivos e que aumentan ao dobre o risco de xogar en apostas.
XOGOS E APOSTAS
Por último, Rial centrou a atención dos internautas que seguiron o relatorio por internet e que poderán ollala na propia canle de Youtube do Concello nos xogos de apostas. Puxo sobre a mesa un tema preocupante como que “o deporte é un factor de protección de cara o consumo de substancias, especialmente se é federado, pero, non obstante, está a causar problemas nas apostas deportivas” xa que a prevalencia é o dobre nos mozos que o practican e triplo no caso de estar federados ao fútbol”. Co cal “estamos transformando un factor protector nun factor de risco”. Destacou que “o 60% dos pais saben que os seus fillos apostan” e soen iniciarse aos 12-13 anos.
Comments