top of page

¿Cómo evitar que os adolescentes comecen a fumar?

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 7 oct 2020
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 4 ene 2021

O tabaco nos nenos e adolescentes:


O cerebro e os pulmóns non terminaron de desenvolverse, polo que que entorpece que o seu desenvolvemento sexa óptimo. Non hai que agardar á adolescencia para advertir dos perigos do tabaco, debe de facerse dende a nenez.

  • É preciso advertirlle dos perigos do tabaco dende moito antes

  • Da exemplo. Somos modelos, de pouco sirve que lles digamos que non o fagan si estamos a ofrecerlles un exemplo contrario.

  • Facilita que preactique algún deporte ou actividade saudable. Debemos percibir que a saúde é o noso ben máis prezado. As actividades pasivas e o sedentarismo non axudan.

  • Fálalle das consecuencias sobre a saúde. Descenso da capacidade pulmonar, risco de padecer enfemidades graves como cancro de pulmón, gorxa, lingua...

  • Fálalle das consecuencias no aspecto físico. Suciedade e coloración dental, nos dedos; olor desagradable no corpo, aliento roupa... ; o tabaco ten consecuenzas na pel máis no pelo, trata de non usar un tono bronco cando o fagas.

  • Fálalle do que costa. A pesar de ser unha sustancia legal, é unha droga aditiva, polo que o seu consumo é constante. Actualmente o diñeiro que a administración invirte en financiar políticas de saúde para tratar enfermidades derivadas do consumo de tabaco nas últimas décadas, fixo que se incrementase a cantidade de impostos, polo tanto no prezo total do tabaco.

  • Non permitas que se fume no fogar. Tampouco ás visitas, nin xiquera na terraza. Trata de comuncarlle diste xeito que é algo nocivo. A nicotina e outras sustancias nocivas que contén o tabaco son capaces de adherirse a superficies a pesares de ventilar.

  • Dalle ferramentas para que saiba dicir non. Asertividade, habiliades sociais... Está nunha etapa vital de grandes cambios. A súa identidade é o principal reto. A forma que teña de reacionar fronte á presión social vai ser determinante.

  • Ponte no seu lugar. Para que a comunicación sexa fluida debe de haber certo grao de empatía. Poñerse no seu lugar vai mellorar a comunicación.

  • Pregunta e escoita. Non impoñas, fala con serenidade ofrecendo a túa confianza. Resolve dudas e cóntalle as túas experiencias.

  • Pasa tempo con él. É o mellor xeito de coñecerse e gañar en confianza.


Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page