top of page

COMO LLE FALO "DISO"? (Sexualidade)

  • Foto del escritor: Aquelar Lalín
    Aquelar Lalín
  • 8 jun 2021
  • 2 Min. de lectura

Relatora: Martina González Veiga.


Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade

Da sexualidade aínda nos custa falar, e as canles de información e aprendizaxe seguen sendo a televisión, internet e os modelos que vemos o redor ou o que nos contan as nosas amizades. Isto contribúe a xerar e manter concepcións equivocadas, desinformación, estereotipos de xénero e mitos.

Esta formación pretende facilitar a toma de conciencia das familias, e das persoas que traballan no eido educativo, de que é imposible non educar e que o silencio tamén educa. A educación sexual comeza dende a infancia e ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento, a comunicación, as relacións e os vínculos que establecemos cos demais, os roles, o xénero, a diversidade sexual, o pracer ou o consentimento. Polo que non so ten en conta a dimensión biolóxica, senón tamén a psicolóxica, a social e cultural. Veremos de que falamos realmente cando falamos de sexualidade, do sexo que somos, do que temos e do que facemos.

Martina González Veiga, psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parella. Especialista en intervención e acompañamento psicolóxico en diversidade sexual e de xénero. Técnica en animación sociocultural.

Divulgadora científica, deseña e leva a cabo numerosas actividades educativas e formativas, tanto para público xeral como para institucións, organizacións e profesionais. Conta con numerosas intervencións en congresos e xornadas de sexoloxía nacionais e internacionais. Colaboradora habitual en medios de comunicación (prensa, radio e televisión), dende 2015 conta coa sección semanal Consellos con Sexo no programa Galicia por Diante da Radio Galega.

Fundadora e directora do Centro de Sexoloxía con mucho gusto! na actualidade dirixe un equipo formado por outras tres sexólogas.

Mestra colaboradora do máster de sexoloxía da universidade Camilo José Cela de Madrid e do máster de sexoloxía da universidade de Extremadura.





 
 
 

Comments


  • YouTube - círculo blanco
  • Facebook

Praza de Galicia, 1 

36500, Lalín

986 78 70 60 - 2077

jorge.novoa@lalin.gal

Contacto

Orientación e Asesoramento

Grazas!

bottom of page